Corchete
image

O obxectivo desta dieta é retirar definitivamente o glute da alimentación do celíaco para garantir a perfecta recuperación das vilosidades intestinais e, deste xeito, evitar recaídas.

A dieta sen glute baséase en dúas premisas fundamentais:


  • Eliminar todo produto que teña como ingrediente trigo, cebada, centeo, avea, espelta, kamut e triticale e os seus derivados (amidón, sémolas, fariñas...).
  • Evitar as contaminacións non desexadas por glute (cruzadas), tanto na fabricación dun produto coma na elaboración dun prato.

Aínda que na teoría isto parece sinxelo, na práctica representa un reto para as persoas que teñen que seguir e/ou elaborar este tipo de dietas. E isto débese a que a ampla utilización do glute na industria alimentaria, polas súas propiedades e polo seu baixo prezo, leva a certas situacións que poden favorecer a inxestión involuntaria de glute:

Recomendacións

Os seguintes ingredientes poden ou non conter glute, segundo cal sexa a súa orixe (planta ou cereal de procedencia):

  • Ao adquirir produtos elaborados e envasados, debe comprobarse sempre a relación de ingredientes que figura na etiqueta. Se nesta relación aparece calquera termo dos que se citan a continuación, sen que se indique a planta de procedencia, debe evitarse o produto.
  • AMIDÓN
  • AMIDÓNS MODIFICADOS
    • E-1404 (Amidón oxidado)
    • E-1410 (Fosfato de monoalmidón)
    • E-1412 (Fosfato de dialmidón)
    • E-1413 (Fosfato fosfatado de amidón)
    • E-1414 (Fosfato acetilado de amidón)
    • E-1420 (Amidón acetilado)
    • E-1422 (Adipato acetilado de dialmidón)
    • E-1440 (Hidroxipropil amidón)
    • E-1442 (Fosfato de hidroxipropil dialmidón)
    • E-1450 (Octenil succinato de amidón)
  • AMILÁCEOS
  • AROMAS (segundo soporte utilizado)
  • CEREAIS
  • ESPECIAS
  • ESPESANTES
  • EXTRACTO DE MALTE
  • FÉCULA
  • FIBRA
  • GLUTE
  • FARIÑA
  • XAROPE DE MALTE
  • FERMENTO
  • MALTE
  • PROTEÍNA
  • PROTEÍNA VEXETAL
  • HIDROLIZADO DE PROTEÍNA VEXETAL
  • SÉMOLA
  • Como norma xeral, deben eliminarse da dieta todos os produtos a granel, os elaborados artesanalmente nas panaderías ou nas pastelerías que non estean supervisadas polas asociacións de celíacos e os que non estean etiquetados, nos que non se pode comprobar a relación de ingredientes.
  • Hase de ter precaución coa manipulación dos alimentos nos bares, restaurantes, comedores colectivos e colexios. Nestes lugares, débese consultar a forma de elaboración e mais os ingredientes de cada prato antes de consumilo.
  • Convén ter precaución coas fariñas de millo, arroz e outras que estean á venda nas panaderías ou nos supermercados. Se a súa moenda se realizou en muíños que tamén moen outros cereais como trigo ou centeo, poden estar contaminadas.
  • Non se deben encargar nin adquirir pans de millo fóra das panaderías ou das tafonas supervisadas polas asociacións de celíacos. A elaboración dun pan sen glute nunha panadería que traballa con fariñas de trigo supón un alto risco de contaminación e, se non se tomaron as medidas axeitadas, o feito de utilizar ingredientes sen glute non garante a ausencia de glute no produto final.
  • Hai que ter precaución cos alimentos importados. Un fabricante pode empregar, segundo os diferentes países de distribución, distintos ingredientes para un produto que se comercializa en todos eles baixo a mesma marca comercial.
  • No caso de non saber se un produto contén glute, non se ha consumir. As asociacións de celíacos están para axudar e, ante calquera dúbida ou problema, pódese acudir a elas.
  • ANTE A DÚBIDA DE SE UN PRODUTO CONTÉN GLUTE, ESTE NON DEBE CONSUMIRSE.

Clasificación de alimentos segundo o seu contido en glute

CONTEÑEN GLUTE

Pan e fariñas de trigo, cebada, centeo, avea ou triticale.
Bolos, pasteis, tortas e demais produtos de pastelería.
Galletas, biscoitos e produtos de repostería.
Pastas italianas (fideos, macarróns, tallaríns etc.) e sémola de trigo.
Leites e bebidas malteadas.
Bebidas destiladas ou fermentadas a partir de cereais: cervexa, auga de cebada, algúns licores...
Produtos manufacturados en cuxa composición se atope calquera das fariñas citadas anteriormente e en calquera das súas formas: amidóns, amidóns modificados, féculas, fariñas e proteínas.

PODEN CONTER GLUTE

Produtos de carnicería, hamburguesas, salchichas, etc.
Embutidos: chopped, mortadela, chourizo, morcilla, etc.
Queixos fundidos de sabores.
Patés diversos.
Conservas de carnes.
Conservas de peixes con distintas salsas.
Caramelos e caramelos de goma.
Sucedáneos de café e outras bebidas de máquina.
Froitos secos tostados con sal.
Xeados.
Sucedáneos de chocolate.
Colorante alimentario.
Nata para cociñar.
Xeos para sazonar.
Tinta de lura.
Figos secos.
Pemento, etc.

NON CONTEÑEN GLUTE

Leite e derivados: queixos, requeixo, nata para repostería, iogures naturais.
Todo tipo de carnes e vísceras frescas, conxeladas e en conserva ao natural, chacina, xamón curado e xamón cocido de calidade extra.
Conservas de peixe/marisco ao natural, en aceite, ao limón e ao allo.
Peixes e mariscos, frescos, cocidos, conxelados sen rebozar, salgados e desecados.
Ovos frescos, en po, deshidratados (ovina), líquidos (pasteurizados).
Verduras, hortalizas e tubérculos.
Froitas.
Arroz, millo e tapioca, así como os seus derivados.
Todo tipo de legumes.
Azucre e mel.
Aceites, manteigas.
Café en gran ou moído, infusións de herbas naturais sen aromas e refrescos.
Toda clase de viños e bebidas escumosas.

Simboloxía dos produtos

image

A Marca de Garantía “Controlado por FACE” foi creada para ofrecer un extra de seguridade ás persoas celiacas xa que está dirixida a empresas que elaboran produtos alimenticios aptos para celíacos e desexan garantir aos consumidores o cumprimento dunhas boas prácticas de control e seguridade sobre os seus produtos.

A certificación coa Marca de Garantía “Controlado por FACE” conséguese mediante a verificación do sistema de calidade do fabricante, que debe incluír como PCC (Punto Crítico de Control) do seu sistema APPCC (Análise de perigos e Puntos Críticos de Control) o glute en toda a cadea produtiva. Desde a recepción das materias primas ata o produto terminado.

A verificación realízase de forma anual a través de Entidades de Certificación acreditadas por ENAC e autorizadas por FACE, conforme aos criterios recolleitos na norma UNE-EN ISO/IEC 17065:2012. Desta maneira, garántese que o produto final superou todos os controis esixidos pola certificación, así como uns niveis de glute inferiores a 10 ppm (mg/kg). Estando por baixo do límite actualmente establecido pola lexislación.

A esta marca, pódense acoller tanto empresas fabricantes de produtos alimenticios específicos para persoas celiacas como aquelas empresas fabricantes de produtos alimenticios ordinarios ou convencionais que, sen ser específicos para persoas celiacas, poidan ser consumidos por estas. A condición de que quede garantida a seguridade de ausencia de contaminación por glute no produto alimenticio.

FACE foi pioneira na creación desta Marca de Garantía, totalmente novedosa a nivel internacional, que ante as grandes lagoas lexislativas aínda existentes en relación ao termo “sen glute”, supón unha gran axuda para as empresas que queiran fabricar produtos sen glute, ao ofrecerlles unhas pautas claras de actuación e un distintivo de calidade e seguridade para o consumidor celíaco.

A Marca de Garantía “Controlado por FACE” integrarase en 2020 co Sistema de Licenza Europeo ELS.

Sistema de Licencia Europeo (ELS)


Image004_gl

A espiga barrada, é o símbolo internacional sen glute e está regulado actualmente pola AOECS (Sociedade de Asociacións de Celíacos de Europa), quen delega nas súas asociacións membros a concesión do seu uso e control. Na actualidade, aquelas industrias que desexen utilizar este símbolo, deben solicitar certificarse baixo o “Sistema de Licenza Europeo” (ELS).

Para que este símbolo teña validez e demostre que o produto está realmente certificado, debe ir sempre acompañado dun código alfanumérico de 8 díxitos, concedido pola asociación que o certificou. O cal determina o número de licenza e/ou rexistro do devandito produto.


Image005_gl

XX-YYY-ZZZ

Logotipo a empregar nun produto certificado co Sistema de Licenza Europeo.

Trátase dun símbolo rexistrado, que garante un contido de glute inferior a 20 ppm (mg/kg) no produto final.

Este código, recolle a seguinte información:

XX = Código do país. Como o ELS é unha certificación europea, pódense atopar produtos certificados por asociacións de celíacos doutros países. No caso de produtos certificados por España, sempre comezarán por ES.

YYY = Código correspondente á empresa.

ZZZ = Código do produto.



No caso de que o produto certificado conteña avena sen glute, indicarase da seguinte forma:

Image005_gl Image005_gl

AVENA-XX-YYY-ZZZOATS-XX-YYY-ZZZ

Logotipo a empregar nun produto certificado co Sistema de Licenza Europeo e que contén avena sen glute como ingrediente.

Outros logos sen glute/gluten-free.


Existen fabricantes e cadeas de supermercados que por iniciativa propia indican nos seus produtos a lenda “sen glute”, ou ben empregan pictogramas coa devandita mención.

Todos aqueles produtos que empreguen a mención “sen glute”, deberán estar en cumprimento do Regulamento Europeo nº 828/2014, garantindo un contido en glute inferior a 20 ppm (mg/kg).

Moitos deles, aparecen recollidos na Lista de alimentos aptos para celiacos elaborada anualmente por FACE, pero outros non. Isto, non quere dicir que os produtos que non aparecen aí recollidos conteñan glute, se non que FACE non puido verificar a información destes.

Toda aquela empresa interesada en introducir os seus produtos na Lista de alimentos elaborada de forma anual por FACE, poderá dirixirse á dirección de correo electrónico info@celiacos.org.

Para calquera dúbida, por favor contacte co e-mail anteriormente indicado.

MEDICAMENTOS

Os laboratorios farmacéuticos están obrigados por lei a declararen no prospecto dos medicamentos se o glute está presente como excipiente.

Segundo o artigo 34 do Real decreto 1345/2007 e a Circular 02/2008 da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, ademais da declaración obrigatoria da presenza como excipiente de amidón de trigo, avea, cebada, centeo, ou triticale e os seus derivados, no prospecto, na ficha técnica e na etiquetaxe, deberase incluír a seguinte información:

  • Se o medicamento contén menos de 20 ppm de glute, declararase a súa presenza, pero tamén se indicará o seguinte: 'é adecuado para pacientes celíacos' e 'os pacientes con alerxia a X (distinta da enfermidade celíaca) non deben tomar este medicamento'.
  • Se o medicamento contén máis de 20 ppm incluirase a seguinte información: “este medicamento contén amidón de X, que equivale a 'x' ppm de glute, o que se debe ter en conta por parte dos pacientes celíacos' e 'os pacientes con alerxia a X (distinta da enfermidade celíaca) non deben tomar este medicamento'.

En definitiva, ao lermos o prospecto e a etiquetaxe dos medicamentos, poderemos identificar se estes son ou non aptos para os celíacos.

En caso de que teña algunha dúbida sobre o contido en glute dalgún medicamento ou dalgún xenérico, consúlteo co seu farmacéutico ou co laboratorio do fabricante.

Separador