Corchete

A través da páxina web da Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE) www.celiacos.org.

Malia que non existen estudos epidemiolóxicos en España, estímase que a prevalencia é do 1 %.

Pódese presentar a calquera idade ao longo da vida.

A enfermidade celíaca é unha intolerancia alimentaria porque o proceso de rexeitamento a un alimento se produce de forma máis lenta e discreta. Porén, nunha alerxia alimentaria a reacción prodúcese de forma moi clara, definida e tipificada.

Non é hereditaria, pero ten unha base xenética; é dicir, nácese co risco de padecela. Para a EC precísase da coincidencia de factores xenéticos (antíxenos HLA) e ambientais (glute e outros non ben coñecidos).

O diagnóstico realízase a través da historia clínica ou ben da análise de anticorpos específicos no sangue e, no caso de que o médico especialista o considere necesario, a través dunha biopsia intestinal.

Manter un bo estado de nutrición, recobrar o benestar físico e a normalidade metabólica, previr complicacións propias da EC sen tratar (perda de masa muscular, maior risco de fracturas óseas, anemia etc.) e previr o linfoma intestinal, unha das complicacións máis graves que pode traer consigo.

O glute non é unha proteína indispensable e pode ser substituída por outras proteínas animais e vexetais. A persoa celíaca que segue unha dieta sen glute, pero variada, a base de carne, peixes, froitas, verduras, legumes, ovos etc. e de cereais sen glute (millo, arroz, quinoa, sorgo...), come mellor e de forma máis equilibrada e máis saudable.

Está demostrado que pequenas cantidades de glute poden danar severamente as vilosidades intestinais. Polo tanto, para que sexa eficaz a dieta sen glute hai que seguila estritamente e de modo indefinido.

É absolutamente imprescindible facer revisións médicas periódicas para comprobar o bo estado do paciente.

Á DH tamén se lle chama enfermidade celíaca da pel. As persoas que teñen DH poden presentar ou non síntomas claros da enfermidade celíaca. O seu único tratamento é a dieta estrita sen glute para toda a vida.

Na DH os tratamentos compleméntanse con sulfona e cunha dieta exenta de glute. A dieta sen glute permite reducir a cantidade de sulfona e, en moitos casos, a súa suspensión no futuro. Por outro lado, o tratamento con sulfona non ten acción ningunha sobre a mucosa intestinal, que só se normalizará cunha dieta exenta de glute.

Non, o glute só causa problemas se se inxire. Non pode ser absorbido a través da pel.

A EC pódese asociar a outras enfermidades crónicas, como poden ser a diabetes, a artrite reumatoide, a dermatite herpetiforme e enfermidades da tiroide.

Separador