Corchete
Logo_por_un_camino

O próximo venres, 26 de xuño, un grupo de tres intrépidos corredores ciclistas sairá da praza da Catedral de León ás 22.00 horas para percorrer en bici os máis de 300 quilómetros ata da praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, á que chegarán na tarde noite do día seguinte (20:00 h e 22:00 h), cun obxectivo moi claro: concienciar ás institucións en xeral e ao sector hostaleiro en particular, da necesidade de facilitar aos celíacos e outras persoas con alerxias e intolerancias alimenticias unha pequena atención nos seus establecementos que lles posibilite viaxar e encontrar lugares nos que poder adaptar a súa alimentación ás esixencias da súa saúde con total garantía.

Serán 24 horas, practicamente, sen deixar de pedalear en bici de montaña, pasando por algúns dos lugares máis representativos do famoso Camiño de Santiago como Astorga, Ponferrada,Cebreiro, Sarria ou Pas de Rei, cunha mensaxe moi clara Por un camiño sen glute» que posibilite aos celíacos, levalo a cabo, dando a coñecer en que consiste esta patoloxía, para lograr que este Camiño, deixe de ser unha das misións case imposibles para as persoas celíacas.
ACEGA sumouse á iniciativa que tiveron ACECALE nosos compañeiros da Comunidade de Castela-León

Toda a información podedes seguila en tortugastrailleon.blogspot.com


Separador