Corchete
Sabores_outono_2016

Unha vez máis os celíacos poderemos participar en SABORES DE OUTONO, que terá lugar do 28 de outubro ó 13 de novembro en Ourense, a Delegación de ACEGA en Ourense colaborou ca organización para que varios establecementos ofrezan tapas sen glute.

Ó pedir a tapa debedes comunicar que sodes celíacos, para que o teñan en conta á hora de elaborala.

Deixámosvos ó enlace, para que poidades disfrutar dos pinchos de SABORES DE OUTONO, podedes pedir o mapa cos pinchos (indicando os aptos), en calquer establecemento participante.

Advertencia: Debido a un erro, o pincho do restaurante "EL HORNO", non é sen glute.

https://www.instagram.com/saboresdeourense/

 

Esperamos que disfrutedes de Sabores de Outono!!!!


Separador