Corchete

A Asociación de Celíacos de Galicia puxo en marcha por undécimo ano consecutivo, a campaña dirixida a todos os Concellos de Galicia para que os Reis Magos repartan caramelos aptos para celíacos. 
ACEGA agradece a colaboración de forma desinteresada e con total entrega dos 98 Concellos que atenderon a nosa petición e repartirán nas súas Cabalgatas caramelos Sen Glute. 

 

A listaxe de Concellos é o seguinte:

A Coruña, A Estrada, Agolada, A Guarda, A Illa De Arousa, Ames, Ares, A Rúa, Arzúa, As Pontes, Baiona, Baños de Molgas, Barbadás, Bergondo, Boqueixón, Bóveda, Burela, Bueu, Camariñas, Cambados, Cangas, Carballeda de Avia, Cariño, Catoira, Cedeira, Celanova, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Cotobade, Culleredo, Cuntis, Curtis, Fene, Ferrol, Lalin, Láncara, Laracha, Laxe, Lugo, Malpica, Melide, Mesía, Moaña, Mondariz, Monforte, Monterroso, Mos, Mugardos, Muros, Negreira, Noia, Oimbra, O Carballiño, O Cervo, O Grove, O Pino, O Porriño, Ordes, Oroso, Ortigueira, Ourense, Outeiro de Rei, Paderne, Padrón, Pobra de Trives, Poio, Ponteceso, Pontevedra, Portas, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Ribadumia, Sta. Uxía de Riveira, Rois, San Cristovo de Cea, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Silleda, Sober, Soutomaior, Teo, Tomiño, Touro, Trazo, Tui, Val Do Dubra, Val Do Viño, Viana Do Bolo, Vigo, Vilalba, Vilagarcía de Arousa, Vilasantar, Viveiro.

NOTA: Lembrámosvos que estes Concellos só se fan responsables das carrozas que dependen deles, NON das que organizan firmas comerciais de carácter privado.

Concellos que só temos confirmación telefónicaMuxía, Pontedeume, Sada, Salceda De Caselas, Vilaboa, Vimianzo, Boborás, 

Concello de Lugo: serán Sen Glute os caramelos que compra o Concello, non confirman os que son doados por empresas comerciais. 

No Concello de Vigo só repartirán caramelos SEN GLUTE as seguintes carrozas:

CARTEiRO REAL – CARROZA DO REI MELCHOR – CARROZA DO REI GASPAR – CARROZA DO REI BALTASAR – CARROZA DA POLICÍA LOCAL – EMBARCACIÓNS DE PROTECCIÓN CIVIL – 18 CABALOS QUE ABREN A COMITIVA REAL – 6 MOTORISTAS DE GALA – BOMBEIROS.

A Cabalgata do Concello de Tui é internacional, xa que sairá desde Valença do Minho para dirixirse cara a Tui.

Concello de Cambre: durante a recepción real haberá unha chocolatada  apta para celíacos, no pabellón Sofía Toro, a partir das 19:00 hs.

Concello de Ares e Ortigueira tamén repartirán gusanitos aptos para celíacos; Concello de Teo flocos de millo..

 

 


Separador