Corchete
Os_bolechas

Os Bolechas ensinan aos máis pequenos que é a Enfermidade Celíaca: “O Oso Celíaco de Sonia”

ACEGA en colaboración con Mercadona e Bolanda, presenta en Santiago de Compostela, a nova publicación, co obxectivo principal achegar a Enfermidade Celíaca aos máis pequenos, dunha maneira divertida. Non vai dirixida unicamente aos nenos e nenas celíacos, senón que é un conto que achega a todos os pequenos a Enfermidade Celíaca, dando a coñecer á sociedade nosa problemática e fomentando a integración social dos nenos e nenas que a padecen.


Separador