Corchete
Celiacos-galicia_1
Celiacos-galicia_2
Celiacos-galicia_3

Asociación de Celíacos de Galicia

É unha entidade de carácter privado, sen ánimo de lucro, creada en 1998, que ten como obxectivo fundamental axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e dermatite herpetiforme.

Agrupa con carácter voluntario a celíacos, pais/titores de nenos celíacos e a todos aqueles enfermos con un tratamento que esixa manter una dieta sen glute, a fin de tratar as solucións máis idóneas os problemas de tipo social, psicolóxico e técnico que poden presentarse como consecuencia da súa condición.


Servizos ofrece a asociación

  • Información e recomendacións para levar correctamente unha dieta sen glute.
  • Información sobre alimentos especiais sen glute e puntos de venta.
  • Publicación anual de unha Lista de Alimentos permitidos na dieta de unha persoa celíaca, editada pola FACE (Federación de asociacións de celíacos de España).
  • Publicacións especializadas: revista Mazorca, manual do celíaco, recetarios, folletos, dípticos, boletíns, etc.
  • Asesoramento sobre que facer cando se come fóra da casa (colexios, comedores colectivos, restaurantes, etc.)
  • Información sobre axudas sociais e económicas.
  • Actividades de convivencia e encontros entre os asociados.
  • Actividades de convivencia e foros de encontros entre os asociados.
  • Información sobre os últimos avances científicos sobre a E.C.
  • Xornadas científicas dirixidas os profesionais e a poboación en xeral.
  • Cursos de cociña sen glute.
  • Campañas de sensibilización social nos medios de comunicación.
  • Posta en marcha de campañas como 'Los reyes magos con los celíacos', 'La Hostelería con los celíacos'.
  • Relación con firmas comerciais de alimentos, herbolarios e centros de dietética.
  • Relación con hoteis e restaurantes.
  • Relación con organismos públicos e privados (firma de convenios de colaboración).
  • ACEGAjoven é una agrupación de persoas xoves entre os 18 e 35 anos, dentro de ACEGA creada ca finalidade de axudar os xoves celíacos, organizando encontros anuais, charlas, etc.
Separador