Corchete
Consejo 1

1

Utilizar alimentos que no seu estado natural non conteñan glute: leite, carne, peixe, ovos, verduras, hortalizas, froitas etc.

Consejo 2

2

Evitar produtos manufacturados ou manipulados pola industria.

Consejo 3

3

Toda materia prima que se utilice na elaboración de produtos sen glute debe estar totalmente exenta de glute.

Consejo 4

4

Evitar o risco de contaminación cruzada durante a manipulación e o cociñado dos alimentos, xa que un alimento sen glute pode contaminarse co glute procedente doutro alimento.

Consejo 5

5

Non utilizar aceite que se utilizase previamente para fritir alimentos con glute.

Consejo 6

6

Non elaborar simultaneamente pratos con e sen glute e empezar sempre polo prato sen glute.

Consejo 7

7

Almacenar os alimentos sen glute separados dos que conteñen glute.

Consejo 8

8

Etiquetar correctamente os produtos sen glute para evitar confusións e contaminacións.

Consejo 9

9

Limpar correctamente as superficies de traballo.

Consejo 10

10

Extremar as medidas de limpeza nos utensilios para cociñar, mesturar, servir, coar etc.

Consejo 11

11

Evitar a contaminación a través da roupa de traballo ou das mans, e estas deben estar ben limpas.

Consejo 12

12

Un prato elaborado cun ingrediente con glute é un prato contaminado. Non serve retirar o ingrediente con glute.

Consejo 13

13

ANTE A DÚBIDA DE SE UN PRODUTO CONTÉN GLUTE, NON O UTILICE!

Separador