Corchete
Dsc 1112 Dsc 1135 Dsc 1169 Dsc 1184 Dsc 1193 Dsc 1196 Dsc 1205 Dsc 1206 Dsc 1214 Dsc 1230 Cortada Dsc 1249

A Asociación de Celíacos de Galicia en colaboración  coa Consellería de Sanidade, a Unión de Consumidores de Galicia e o Foro Interalimentario, organizou unha actividade dirixida a nenos e nenas celíacas co principal obxectivo de fomentar o hábito de vida saudables.

Implicar e concienciar aos nenos/as celíacas da importancia que leva facer unha dieta sen glute, foi o principal obxectivo do taller que se realizou o sábado 14.01.2017 na praza de abastos de Pontevedra.

Nesta ocasión participaron nenos e nenas celíacas entre 5 e 12 anos, fixeron unha visita guiada cunha dietista por todos os postos do Mercado: peixes, carnes, froitas…onde se lles explicaba a importancia de tomar alimentos sans e saudables.

Despois desta visita elaboraron receitas de cociña sen glute moi divertidas.

Para o celíaco/a a dieta sen glute –único tratamento- é positiva, xa que lle  permite levar unha vida normal e unha alimentación saudable coma os demáis nenos e nenas.


Separador