Corchete

A Asociación de Celíacos de Galicia puxo en marcha un ano máis, a campaña dirixida a todos os Concellos de Galicia para que os Reis Magos repartan caramelos aptos para celíacos. ACEGA agradece a colaboración de forma desinteresada e con total entrega dos 124 Concellos que atenderon a nosa petición e repartirán nas súas Cabalgatas caramelos Sen Glute.

ABEGONDO, A BOLA, A CORUÑA, A ESTRADA, A GOLADA, A AGUARDA, A ILLA DE AROUSA, ALFOZ,ALLARIZ, AMES, A POBRA DO BROLLÓN, ARES, ARTEIXO, A RÚA, ARZÚA, AS NEVES, AS PONTES, BAIONA ,BANDE, BAÑOS DE MOLGAS, BECERREA, BERGONDO, BETANZOS, BOIRO, BOQUEIXÓN, BÓVEDA, BUEU, BURELA, CABANAS DE BERGANTIÑOS, CAMARIÑAS, CAMBADOS, CANGAS, CARBALLEDA DE AVIA, CARIÑO, CARRAL, CASTRO DE REI, CASTRO VERDE, CATOIRA, CEDEIRA, CELANOVA, CERCEDA, CERVO, COIRÓS, CORCUBIÓN, CORISTANCO, COSPEITO, COTOBADE, CULLEREDO, CUNTIS, ENTRIMO, FENE, FISTERRA, FRADES, FRIOL, GONDOMAR, IRIXOA,  LALÍN, LÁNCARA, LARACHA, LUGO, MARÍN, MESÍA, MIÑO, MONDARIZ, MONFORTE DE LEMOS, MOS, MUGARDOS, MUÍÑOS, MUROS, MUXÍA, NEDA, NEGREIRA, NOIA, O CARBALLIÑO, O CORGO, O GROVE, OIA, OIMBRA, O PINO, O PORRIÑO, ORDES, OROSO, ORTIGUEIRA, , O SAVIÑAO, OURENSE, OUTEIRO DE REI, OUTES, PALAS DE REI,PEREIRO DE AGUIAR, PONTECALDELAS, PONTECESO, PONTEVEDRA, PORTO DO SON, QUIROGA, RIANXO, RIBADAVIA, RIBADUMIA, RIVEIRA, ROIS, SADA, SALCEDA DE CASELAS, SAN CRISTOVO DE CEA, SAN SADURNIÑO, SANTA COMBA, SANTIAGO, SANXENXO, SILLEDA, SOBER, TEO, TRAZO, TUI, VAL DO DUBRA, VALDOVIÑO,VALGA, VERÍN, VIGO, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILAGARCÍA DE AROUSA, VILALBA,VALARMAIOR, VILASANTAR, VIMIANZO, VIVEIRO, XINZO DE LIMIA, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO.

 

No Concello de Vigo só repartirán caramelos SEN GLUTE as seguintes carrozas:

CARTEIRO REAL “O MUNDO DO CIRCO”  – CARROZA DO REY MELCHOR “MONICREQUES”– CARROZA DO REY GASPAR “A MAXIA” – CARROZA DO REY BALTASAR “PALLASOS” – CARROZA DA POLICÍA LOCAL.

NOTA: Lembrámosvos que estes Concellos só se fan responsables das carrozas que dependen deles, NON das que organizan firmas comerciais de carácter privado.

 

  • Nos Concellos de Laracha e Lugo repartiránse ademáis de caramelos, cucuruchos sen glute, durante a recepción real.
  • Nos Concellos de Cervo, Outes e Riveira, repartiránse caramelos sen glute en todos os actos de Nadal. E no Concello de Ortigueira, gusanitos sen glute “Jojitos” tamén en todas as actividades.
  • Nos Concellos de Allariz, Arzúa, Castro de Rei, Mesía, Santa Comba, Val do Dubra e Vilalba repartiránse ademáis de caramelos tamén lametadas sen glute na Cabalgata.
  • Concello de Friol ademáis de caramelos durante a Cabalgata tamén haberá roscón de Reis sen glute.

 

Concellos que só temos confirmación telefónica.

Ferrol, Foz, Melide, Moaña, Redondela


Separador